Sunday 19 de May de 2024

O executivo municipal aproba o Plan de Contratación para 2024, que recolle 82 contratos cun valor de preto de 223 millóns de euros


O concelleiro de Economía, Facenda e Contratación, Manuel César, deu conta en rolda de prensa do Plan de Contratación municipal para 2024, aprobado na sesión ordinaria da Xunta de Goberno, “un instrumento de planificación esencial para a boa xestión da administración municipal”.

O edil de Contratación definiu o plan como “unha folla de ruta que inclúe 82 contratos cun valor de 222.990.817 euros” e que “guiará o Goberno municipal e a propia administración para prestar servizos públicos de calidade; para desenvolver políticas sociais, culturais e de igualdade para a maioría; para realizar unha transformación urbana e un mellor acceso á vivenda; así como para avanzarmos nunha senda de sustentabilidade e de integración territorial; e tamén permitirá introducir medidas para a mellor gobernanza e a xestión dos recursos públicos con máis eficacia”.

Trátase dun documento único que recolle as necesidades institucionais que van ser cubertas mediante a licitación de diferentes contratos maiores. Este documento non recolle, polo tanto, os contratos menores.

Non obstante, salientou o concelleiro, inclúe os contratos suxeitos a regulamentación harmonizada (os de subministracións e servizos con valor estimado igual ou superior a 143.000 euros e o resto de contratos cuxo valor estimado é igual ou superior a 5.538.000 euros). Moitos dos contratos que aparecen neste plan teñen unha execución que supera o presente exercicio contable.

Dentro dos 82 contratos non están os que xa foron adxudicados durante os pasados meses, “como pode ser o do Servizo de Axuda no Fogar (5.553.657,1€), adxudicado a 17 de abril de 2024 á UTE SIAD24 GALICIA, SL – PROTECCION GERIATRICA 2005, SL”, lembrou César que engadiu que se trata “dun plan programático e orientativo e non dun compromiso explícito que obrigue a licitar todos os contratos relacionados nel, nin coas condicións sinaladas”.

Así mesmo, o plan “tampouco cerra a posibilidade de realizar contratacións non sinaladas no mesmo e que poidan ser necesarias para cubrir necesidades non previstas no momento da súa publicación. Polo tanto, estaríamos perante un documento que recolle obxectivos específicos, medíbeis, alcanzábeis, relevantes e temporais”.

Contratos por eixos

O concelleiro fixo fincapé en que os obxectivos do plan están “aliñados cos grandes eixos estabelecidos no Orzamento de 2024 e cos compromisos deste goberno”. Así, aparecen contratos para:

· Prestar servizos públicos de calidade:
o Prestación integral dos servizos de conserxaría e limpeza de centros escolares (1.427.000€), de pavillóns deportivos (875.480,54€) e centros socioculturais (1.400.000€). 2º maior 24 meses + 24 meses 8.253.930,00 euros.
o Xestión do servizo público de transporte colectivo urbano de viaxeiros en réxime de concesión administrativa (9.084.439,62€). 1º maior 156 meses + 0 meses 184.561.778,95 euros.
o Servizo de mantemento e conservación dos sistemas de control, regulación e xestión do tráfico e do túnel urbano do Hórreo. 4º maior 36 meses + 24 meses 5.825.522,80 euros.
o Vehículos para o Servizo de extinción de incendios e Salvamento. 3 lotes 640.000,00 + 580.000,00 + 410.000,00 euros = 1.630.000,00 euros.

· Desenvolver políticas sociais, culturais e de igualdade para a maioría:
o Xestión da rede de CSC, animación sociocultural, atención ao público, bibliotecas, novas tecnoloxías e redes sociais. 3º maior 24 meses + 24 meses 6.329.708,52 euros.
o Servizo de xestión e programación do centro xove de creación cultural. 6º maior 48 meses + 6 meses 959.288,00.
o Iluminación de Nadal. 7º maior: 840.000,00 euros.
o Plano anual de conciliación. 260.000,00 euros.
o Plano de conciliación do verán 99.000,00 euros.
o Ludoteca María Miramontes. 24 meses + 24 meses 537.200,00 euros.
o Plano piloto de creación de cociñas en centros escolares (448.000€). 1 mes + 0 meses 339.700,00 euros.
o Coordinación e funcionamento da Casa Xohana Torres e Servizo de Asesoramento LGTBI. 24 meses + 12 meses 135.000,00 euros.

· Realizar unha transformación urbana e un mellor acceso á vivenda, así como avanzar nunha senda de sustentabilidade e de integración territorial:
o Reurbanización da rúa García Lorca. 4º maior 18 meses + 0 meses 967.191,67 euros.
o Reurbanización da rúa Mallou. 6 meses + 0 meses 495.867,77 euros.
o Reurbanización da rúa Ponte da Raíña. 5 meses + 0 meses 413.223,14 euros.
o Rehabilitación de firmes asfálticos en vías urbanas. 3 meses + 0 meses 413.223,14 euros.
o Mellora das condicións de accesibilidade en diferentes (14) puntos da cidade. 8 meses + 0 meses 206.611,57 euros.
o Diferentes actuacións no rural por 2.264.540,65 euros.

· Avanzar na mellor gobernanza e noutro modelo de cidade:
o Mantemento integral de infraestrutura de servidores. 24 meses + 24 meses 363.636,36 euros.
o Mantemento integral de telecomunicacións (e da infraestrutura de seguranza composta por dobre barreira de cortalumes). 8º maior 24 meses + 24 meses 826.446,28 euros.
o Servizo CAU. 48 meses + 0 meses 330,578,51 euros.
o Prestación do servizo auxiliar de depósito, custodia, xestión de arquivos, recollida e envío de expedientes e documentos. 24 meses + 24 meses 408.562,00 euros.
o Redacción de planos de autoprotección para edificios, actividades e locais municipais. 24 meses + 24 meses 360.000,00 euros.
o Servizos para a transformación dixital e promoción do comercio local Proxecto Commarket Santiago. 9º maior 4 meses + 0 meses 675.000,00 euros.

Deja un comentario